Os pasos que imos dar

FIRST: O primeiro paso que imos dar vai ser trazar a nosa ruta (máis ou menos). Contádenos ónde e cómo ides ir, qué lugares ides visitar, qué ides ver..... Tedes que pensar en qué época do ano queredes viaxar....isto dependerá moito do que ides facer. Se non tedes clara a ruta, podedes seguir investigando nas enciclopedias da biblioteca ou na Wikipedia. Poden ser de gran axuda as guías de viaxe da Wikipedia, Wikitravel. Se non atopades bastante información en castelán, tentade ir á portada Wikitravel en inglés (ten moitísima máis!).

SECOND: O seguinte paso é realizar os preparativos previos: qué vacinas, visados, cartos, etc. precisamos? Se non atopamos toda esta información na rede, podemos escribirlle unha carta electrónica á embaixada do país en España pedíndolles esta información. Con facer un google "embajada de Canadá en España", por exemplo, xa nos leva á páxina da embaixada, e alí procuraremos con quén contactar.

THIRD: Tamén antes de ir, temos que estudar temas de protocolo do voso país. En inglés, os "DOs and DON'Ts", en francés o "SAVOIR FAIRE". Nesta páxina de protocolo e etiqueta noutros países pode que atopedes algo.

FOURTH: Seguimos a estudiar a cultura do país en cuestión, comezando polo máis urxente: qué imos comer? O seguinte paso é informarnos sobre a gastronomía local. Cada país ten unha bagaxe cultural que define a súa gastronomía. En cada cultura distinta, comida distinta. Haberá que investigar qué manxares imos degustar ó longo da nosa viaxe. BON APPETIT!

Bonjour e hello!

This year our Interdisciplinary Project is a virtual trip to any English or French speaking country in the world. We will prepare several aspects of the trip, plan our itinerary, and include photographs and information about that country. Bon Voyage!!!